Galician Army

Galician Army fará tremer os altofalantes e o teu corpo coa súa música.

Este dúo electrónico galego fusiona a música electrónica actual cos sons retro dos 80. Experimentan con distintos xéneros como o house ou a música dance para crear un son único e pegadizo. Ritmos imparables, unha coidada selección de cancións e unha execución enérxica que che atrapará ata o final do show. Acaban de presentar o seu primeiro LP “NÓS”.

Unha explosión de enerxía que arrasará no escenario de Río Verbena.

Scroll ao inicio