Dellafuente

Dellafuente, o trapeiro que máis o peta no noso país.

Dellafuente chega a Río Verbena unindo o trap urbano co flamenco das súas raíces e os ritmos latinos. Letras emotivas que mostran a realidade do día a día da xente de barrio que conquistan ao público en cada concerto. O artista fusiona a súa voz con tintes flamencos para crear esa “música folklórica atemporal” que o fai único.

Só Buenos Genes no Río Verbena.

Scroll ao inicio